Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Úrsula Kirsten

Competencias, gramática e vocabulario

Imaxe
Competencias clave e actividades de gramática e vocabulario Ola a todas e todos! Nesta entada do blog falarei sobre as competencias clave, mencionando cales se poden traballar durante as sesións de lingua estranxeira,  a súa avaliación e os cambios entre LOE e LOMCE. Posteriormente, tratarei o ensino da gramática e o vocabulario e os pasos a seguir para a súa introdución nas aulas, tamén farei fincapé no enfoque comunicativo, a corrección de erros e a tipoloxía. Comezarei coa definición que proporciona a LOMCE sobre as competencias: “As capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de acadar a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”. Aínda que xa expliquei nunha entrada anterior en que consistía cada competencia, déixovos un listado con todas elas e enlaces nos que poderedes atopar máis información sobre cada unha delas: Comunicación lingüística (CCL) ...

Multiculturalidade

Imaxe
Multiculturalidade Boas a todas e todos! Neste tema tratamos contidos moi diversos que podemos dividir en dúas seccións. Unha primeira sección comprende os contidos relacionados coas titorías e o uso de linguas estranxeiras nas actividades de titoría, coas habilidades para a vida ou lifeskills, coas medidas de atención á diversidade e os PMAR. Na segunda sección, comentamos o papel das/os auxiliares de conversa, así como os programas AICLE/CLIL. Comezarei tratando o contido sobre as titorías , as cales deben ter unha función orientadora, asesorando ao alumnado durante o período escolar. Resultoume de grande interese coñecer máis aspectos sobre elas, xa que considero que poden ter moita importancia na educación ao ter a oportunidade de tratar por unha banda temas educativos, como son as técnicas de estudo, faltas de asistencia, saídas profesionais, etc., axudando ao alumnado a coñecerse mellor a si mesmo, a aproveitar o tempo de traballo e estudo adaptándoo ás súa...