Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta diario

Tema 7: diario

Imaxe
Tema 7: Metodoloxía CLIL/AICLE Boas a todas e todos! Na entrada de hoxe vouvos falar da metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning), denominada AICLE en galego (Aprendizaxe Integrada de Contidos   e Lingua Estranxeira).   Esta metodoloxía foi adoptada en 1994 en Europa co obxectivo de identificar boas prácticas e resultados relacionados con métodos que integraban linguas nos contidos doutras áreas, é dicir, algunhas materias ensínanse a través dunha lingua estranxeira para traballar tanto a aprendizaxe de contidos como a aprendizaxe doutra lingua de xeito simultáneo. Podemos distinguir tres principios metodolóxicos no CLIL, o primeiro é que se usa a lingua para aprender contido da área, pero tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar. En segundo lugar, a materia que se estuda é a que determina o tipo de lingua que se precisa aprender, polo que as estruturas, o vocabulario específico e as destrezas lingüísticas estarán determinadas pol...

Tema 6: diario

Imaxe
Tema 6: As programacións didácticas vixentes Ola, lectores e lectoras! Nesta nova entrada vou falar sobre as programacións didácticas vixentes na ESO e no Bacharelato, realizadas baixo a lei educativa actual (LOMCE). Para comezar, aclararei que unha programación didáctica é un instrumento de planificación curricular que desenvolve o proceso de ensino e aprendizaxe de xeito coordinado entre o profesorado que forma un departamento. Toda programación está baseada en catro tipos de fontes: sociolóxica,   psicolóxica, epistemolóxica e pedagóxica. A fonte sociolóxica está relacionada coas características do entorno onde se desenvolve o ensino, a psicolóxica co coñecemento dos trazos que ten o alumnado, a epistemolóxica analiza o contido e a secuencia da aprendizaxe e, por último, a pedagóxica que permite a selección de coñecementos e o seu traballo co alumnado. Voume centrar sobre todo na súa estrutura, ampliando o tema con contidos xa adquiridos previamente na materia sobr...

Tema 5: diario

Imaxe
Benvidas/os a esta nova entrada do blogue! O tema que vou tratar hoxe é o deseño curricular que, malia non soar moi divertido, ten unha grande relevancia para coñecer as diferentes partes que constitúen o currículo e tamén á hora de entender a estrutura e a responsabilidade das diferentes institucións que compoñen o sistema educativo. En primeiro lugar, definimos currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas.  Os elementos do currículo da ESO e bacharelato verédelos na seguinte imaxe que creei: Un dos elementos básicos do currículo son as competencias clave : 1.       Comunicación lingüística 2.       Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. 3.       Competencia dixital. 4.       Aprender a aprender 5.       Competencias soc...