Tema 7: dossier
Tema 7: dossier Ola a todas/os! Nesta nova entrada vou comentar as actividades que realizamos na aula sobre o tema 7, o cal trata a metodoloxía AICLE/CLIL, e tamén falarei das presentacións feitas polas miñas compañeiras e compañeiros sobre contidos do tema 8. En primeiro lugar, comezamos cun debate sobre a metodoloxía CLIL, sobre a cal falei na entrada de diario correspondente a este tema. O debate foi un modo de achegarnos ao contido que permitiu a aparición de novas dúbidas e interese. A continuación, dividímonos en cinco grupos e cada un tiña que procurar información sobre un aspecto relacionado coa metodoloxía CLIL: o marco europeo para a educación do profesorado CLIL, as sínteses e conclusións sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto escolar europeo, as cinco dimensións de Marsh, a andamiaxe ou scaffolding no CLIL e o deseño do currículo integrado CLIL. Este último punto foi o que se lle asignou ao grupo do que formei parte. Para comez...