Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

Estratexias de comunicación

Imaxe
Tema 5: Estratexias de comunicación Ola a todas/os! Nesta nova entrada vou falar e compartir as miñas reflexións   sobre algúns dos contidos que tratamos na materia de Didáctica das Linguas Estranxeiras con Cristina: os catro modos de comunicación (comprensión, expresión, interacción e mediación), as actividades de expresión, interacción e mediación tanto oral como escrita e a elaboración e uso dunha rúbrica para avaliar a comprensión oral e escrita. O primeiro achegamento aos contidos deste tema foi a través dunha actividade na que tivemos que definir por grupos os seguintes termos: mediación, plurilingüismo, o enfoque orientado á acción e a co-construción do significado, ademais de falar do noso perfil plurilingüe e de dar a nosa opinión sobre empregar outras linguas nunha clase de inglés. A continuación, fixemos unha posta en común comparando e debatendo sobre as diferentes opcións. Pareceume un bo xeito de comezar o temario xa que, por unha parte, permitiu á docente o

Tema 7: dossier

Imaxe
Tema 7: dossier Ola a todas/os! Nesta nova entrada vou comentar as actividades que realizamos na aula sobre o tema 7, o cal trata a metodoloxía AICLE/CLIL, e tamén falarei das presentacións feitas polas miñas compañeiras e compañeiros sobre contidos do tema 8. En primeiro lugar, comezamos cun debate sobre a metodoloxía CLIL, sobre a cal falei na entrada de diario correspondente a este tema. O debate foi un modo de achegarnos ao contido que permitiu a aparición de novas dúbidas e interese. A continuación, dividímonos en cinco grupos e cada un tiña que procurar información sobre un aspecto relacionado coa metodoloxía CLIL: o marco europeo para a educación do profesorado CLIL, as sínteses e conclusións sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto escolar europeo, as cinco dimensións de Marsh, a andamiaxe ou scaffolding no CLIL e o deseño do currículo integrado CLIL. Este último punto foi o que se lle asignou ao grupo do que formei parte. Para comez