Tema 6: Programacións didácticas vixentes Ola de novo! Nesta nova entrada vou comentar as actividades que realizamos na aula que gardan relación co tema 6: as programacións didácticas vixentes, o cal tratei xusto na entrada anterior. As actividades son tres en total e puxéronse en práctica na seguinte orde: actividade piramidal, análise dunha programación didáctica coa elaboración dunha presentación e, por último, a análise e crítica dunha programación dunha EOI empregando screencast. A actividade piramidal, xa realizada e comentada na entrada de dossier do tema 5, consiste nun debate entre o alumnado ao que se lle vai aumentando o número de participantes gradualmente. Primeiro debatemos por parellas sobre cales eran na nosa opinión as partes máis relevantes dunha programación didáctica. O meu compañeiro Juan e eu coincidimos en que as competencias, a metodoloxía, as actividades e a avaliación eran os compoñentes con maior importancia. Tras o debate coa parella do lado, a...
Comentarios
Publicar un comentario