Tema 4
Tema 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias Ola a todas e todos! Nesta nova entrada falarei das competencias específicas, transversais e complementarias no Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e dentro do sistema educativo español (LOMCE). O MCER presenta un enfoque orientado á acción e establece o seguinte: “Con el fin de realizar las tareas y las actividades que se requieren para abordar las situaciones comunicativas (…), los usuarios y los alumnos utilizan varias competencias desarrolladas en el curso de su experiencia previa”. Polo tanto, as competencias que adquirimos como axentes sociais sonnos de grande axuda na realización actividades comunicativas. Podemos distinguir entre competencias xerais, que non gardan unha relación directa coa lingua, pero que poden servir para accións de todo tipo, e competencias comunicativas da lingua, as cales nos permiten actuar empregando medios lingüísticos. Na seguinte imaxe que creei te...