Competencias, gramática e vocabulario
Competencias clave e actividades de gramática e vocabulario Ola a todas e todos! Nesta entada do blog falarei sobre as competencias clave, mencionando cales se poden traballar durante as sesións de lingua estranxeira, a súa avaliación e os cambios entre LOE e LOMCE. Posteriormente, tratarei o ensino da gramática e o vocabulario e os pasos a seguir para a súa introdución nas aulas, tamén farei fincapé no enfoque comunicativo, a corrección de erros e a tipoloxía. Comezarei coa definición que proporciona a LOMCE sobre as competencias: “As capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de acadar a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”. Aínda que xa expliquei nunha entrada anterior en que consistía cada competencia, déixovos un listado con todas elas e enlaces nos que poderedes atopar máis información sobre cada unha delas: Comunicación lingüística (CCL) Comp