Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras

Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras


Boas, compañeiras e compañeiros!

Esta nova entrada está centrada nas situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras (contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces).  O primeiro contacto con este novo tema realizámolo a través dunha primeira actividade na que tivemos que realizar un diagrama de Venn. Unha metade do diagrama tiña que conter as características dunha lingua estranxeira, a outra as da lingua materna e no medio os trazos comúns entre ámbalas dúas. Traballamos por grupos de cinco e, ao finalizar, fixemos unha posta en común entre todo o alumnado. Creo que este tipo de actividades serven para que o/a profesor/a saiba cal é o grao de coñecemento por parte do alumnado sobre os contidos que se van impartir, así mesmo, o propio alumnado observa que aspectos ten máis claros e en cales dubida. Realizar a actividade por grupos tamén supón unha boa oportunidade para aprender dos/as compañeiros/as, compartir ideas e debater cuestións concretas sobre as que poden xurdir desacordos.
Despois da posta en común, mergullamos na teoría relacionada co tema. Comezamos co concepto de lingua inicial, é dicir, a primeira lingua que aprende unha crianza. Tamén se denomina lingua maternal ou natal e adquirímola antes da etapa escolar, de xeito inconsciente e sen intención concreta. Hai que ter en conta que se poden adquirir dúas linguas iniciais. Pola súa banda, a lingua segunda adquírese despois da inicial como unha lingua vehicular, administrativa ou como lingua do ensino. O terceiro concepto visto desta primeira parte foi o de lingua estranxeira, adquirida só en contexto escolar, de xeito consciente e cunha intención determinada, non é unha lingua vehicular. Deseguido, vimos tres contextos de uso dunha lingua: habitual, de traballo e vehicular.  A lingua habitual é a utilizada por un falante na maioría de contextos comunicativos, non sempre se corresponde coa lingua inicial e poden ser varias, como acontece no caso de persoas bilingües. A lingua de traballo é o principal medio de comunicación nun organismo internacional, nunha empresa multinacional ou nun estado plurilingüe e, por último, a lingua vehicular ou lingua franca é aquela que serve de medio de comunicación entre falantes de linguas distintas. Parecéronme uns conceptos básicos e necesarios para a nosa formación que conviña aclarar e diferenciar.
Para traballar estes contidos realizamos unha ‘placemat activity’ por grupos. A cada grupo asignáronselle dúas preguntas, as cales cada membro do grupo tiña que responder individualmente para despois debater cos compañeiros/as e chegar a unha resposta común entre todos/as. As preguntas do meu grupo foron as seguintes: Citroën ten 13 fábricas en 7 países diferentes. En que linguas se comunican os responsables das fábricas entre si?
Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua se comunican? As respostas foron o francés e o inglés en ámbolos dous casos. Que opinades vós?

O seguinte tema a tratar foron os obxectivos da didáctica das linguas: enriquecer o repertorio lingüístico do alumnado e cohesionar unha comunidade lingüística. Entendemos por repertorio lingüístico o conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou unha comunidade de falantes, composto por fonemas, palabras, construcións, variantes e variedades lingüísticas. No que se refire aos tipos de didáctica da lingua inicial, diferenciamos, por exemplo, entre EMT (English as Mother Tongue), FLM (Français Langue Maternelle) ou DaM /Deutsch als Muttersprache). En canto á didáctica da segunda lingua, podemos falar de ESL (English as a Second Language), FLS (Français Langue Seconde) ou DaZ (Deutsch als Zweitsprache), e respecto á didáctica da lingua estranxeira, distinguimos entre EFL (English as a Foreign Language), FLE (Français Langue Étrangère), e DaF (Deutsch als Fremdsprache). As actividades para traballar estes conceptos consistiron na adxudicación de diferentes metodoloxías a distintos contextos de aprendizaxe e na creación dun cadro onde plasmamos o repertorio lingüístico de toda a aula, empregando distintas cores para indicar os niveis (verde: nivel alto, azul: nivel baixo). Déixovos aquí as imaxes cos resultados:





Na última sesión dedicada a este tema falamos das variábeis na situación de ensino: características do alumnado, características do centro e obxectivos. A idade do alumnado foi o trazo no que máis centramos, xa que é un dos factores que conta con máis relevancia. Distínguense diferentes etapas: a idade ideal (0-12 meses), durante a cal un bebé pode discriminar moitos sons e especialízase nos específicos da súa lingua inicial, a idade gloriosa (1-6 anos), na que aínda se tratan as secuencias verbais como contornos entoativos e se ten a capacidade máxima de imitación, a idade crítica (7-9 anos), na que a discriminación dos contrastes non nativos é menos eficaz, pero disponse dun desenvolvemento cognitivo máis avanzado que permite unha aprendizaxe da lingua estranxeira máis rápida. Por último, o limiar fatídico (10 anos), durante o cal se produce unha fosilización progresiva da configuración cerebral que ten consecuencias na aprendizaxe da lingua estranxeira: pérdese parte da riqueza perceptiva, deterióranse as realizacións fonéticas, a articulación vólvese lenta, a lingua inicial actúa como un filtro e hai máis dificultades para corrixirse.
Tamén tratamos as diferenzas entre a aprendizaxe dunha lingua en adultos e en crianzas coa creación doutro diagrama de Venn. Por se fose do voso interese, nos seguintes artigos atoparedes máis información sobre o tema : artigo 1 artigo 2.

Debido á falta de tempo, non afondamos demasiado noutros contidos, pero si que realizamos varias actividades máis. En primeiro lugar, fixemos un debate piramidal no que tratamos os aspectos nos que a L1 inflúe na L2 e a nosa experiencia como alumnas/os adquirindo unha lingua estranxeira.  A última actividade e a miña preferida consistiu no seguinte: dividímonos por grupos de catro ou cinco persoas, cada grupo escollía unha unidade dun libro de texto coa que traballar. Así mesmo, cada membro encargábase de analizar os diferentes apartados: gramática, fonética, produción e realización. Unha vez rematada a análise,  reuníanse os membros de cada grupo encargados do mesmo apartado para comentar e comparar as características de cada libro de texto. Resultou ser un bo xeito de decatarnos de como varía o enfoque e o modo de achegar e traballar os contidos, tamén unha oportunidade para debater sobre cal consideramos o máis axeitado.

Como conclusión a esta entrada, gustaríame dicir que me pareceron conceptos básicos e de moita importancia para a nosa formación como docentes de linguas estranxeiras. Persoalmente, resultaron de grande interese e  agradecín a variedade de actividades. Ademais, tendo en conta a falta de tempo e os cambios na organización,  a idea de centrarse tan só na teoría para dar a maior cantidade de contidos podería haber sido unha medida adoptada polo profesorado, polo que me aledei de que a práctica seguise estando moi presente.

Un saúdo!

Comentarios

  1. ¡Hola Antía! Me gustaría felicitarte tanto por esta entrada como por tu blog en general. Me parece que has plasmado muy correctamente toda la información que hemos visto durante las sesiones de Gonzalo y de una manera muy fluida que nos permite a los lectores seguir la redacción. Ya centrándome en el contenido de tu entrada, me gustaría decir que estoy de acuerdo contigo cuando comentas que son conceptos básicos pero muy importantes para nosotros como futuros docentes y que debemos tener muy claros. También estoy de acuerdo contigo en lo referente a la última actividad que se realizó en el aula para poner en práctica esta información, ya que yo también considero que fue la mejor de todas y a la que más provecho le sacamos, ya que pudimos ver de una manera más practica como enfocan diferentes libros de texto los diferentes apartados. Enhorabuena por tu entrada. Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Antía! En primeiro lugar darche os meus parabéns polos contidos aquí recollidos. Teño que dicir que me pareceu moi adecuado facer unha introdución teórica do que se entende por lingua inicial, segunda, estranxeira, habitual, de traballo e vehicular posto que para aquelas persoas que non estean de todo familiarizadas co tema pode axudarlles a entender de mellor forma as reflexións aquí tratadas. Por outro lado, xa que mencionas as actividades do Diagrama de Venn e a Placemat activity que tratamos nas sesións comentar que, mentres que a primeira me pareceu interesante porque nos permitía facer unha reflexión conxunta acerca das características de cada un dos elementos que se contrastaban, os puntos nos que coincidían e aqueles nos que difirían, non vin tan de proveito a Placemat Activity posto que o feito de ter que elixir tan só unha idea para mostrar no folio pode ser que, aplicado a estudantes, limite as variables de pensamento que das súas cabezas podan xurdir. Obviamente este feito non creo que aconteza na primeira posto que podes incluir tantas ideas como queiras. Non obstante, só é unha reflexión crítica que intento facer cada vez que realizamos unha actividade para saber, un pouco máis en detalle, cales serían as que consideraría, no meu caso, de maior proveito para poñer en práctica dentro das aulas. Por outra banda, no relativo á actividade dos enfoques didácticos gustaríame engadir que, polo menos no meu caso e tamén no do meu grupo de traballo, axudounos moito a posta en común con toda a clase posto que mentres que nós tiñamos unha opción ou, como moito, dúas para a metodoloxía que se podería establecer en cada situación, ao ver os diferentes puntos de vista dos demais compañeiros/as puidemos valorar determinadas situacións que nun principio non tiñamos en conta. Por iso considero que unha reflexión final ao rematar as actividades é de proveito non só para o alumnado que está aprendendo os contidos impartidos en cada sesión senón tamén para o profesorado que necesita algún tipo de reflexión para determinar se o que pretendía transmitir se realizou adecuadamente. Con isto, nada máis que engadir, recomendarche que sigas escribindo da forma en que o fas para que todo o mundo teña acceso a contidos de tan boa calidade. Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Boas, Antía!
    En primeiro lugar gustaríame felicitarche pola túa entrada xa que me parece que está chea de interés para todos nós. Como ben comentas nesta entrada, creo que os diagramas de Venn traballados en clase resultan moi positivos tanto para ó alumnado xa que poden darse conta dos contidos que saben e dos que non así como para o profesor xa que pode facerse unha idea de onde parten o seu alumnado. Gustoume moito tamén que falases da lingua inicial, lingua segunda, lingua estranxeira, lingua habitual, lingua de traballo e lingua franca xa que é un tema que me interesa moito e que cambia moitísimo de persoa a persoa e de localización a localización. Outro aspecto que tamén me pareceu moi relevante desta entrada é nas distintas fases dunha persoa. Persoalmente no tiña coñecemento delas e paréceme esencial telas en conta para ensinar unha lingua estranxeira xa que cada etapa presenta unha caractarísticas diferentes. Noraboa pola entrada!
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  4. Boas tardes, Antía:

    Graciñas pola tua entrada, resultoume de moito proveito por, como ben comentan as compañeiras Paula e Laura, como presentas conceptos clave de xeito moi claro. 

    A este respecto, paréceme tamén moi interesante a ligazón que deixaches coa explicación de lingua vehicular. Moitas veces tendemos a pensar no inglés por defecto, por ser a lingua franca máis habitual, pero na ligazón se comenta que hai diversas casuísticas en función da natureza lingüística do/s grupo/s de partida. Se estamos a falar de varias comunidades lingüísticas que entran en contacto de maneira sostida, estariamos a falar dunha lingua 'pidgin'. Se, por outra banda, o grupo é monolingüe (ou bilingüe, no caso da nosa comunidade) a lingua vehicular poder ser a(s) lingua(s) primeira(s) do alumnado. Coido que moi probablemente esta será a situación que nos atoparemos nas aulas, na que o estudantado falará en castelán ou galego, sendo o inglés a lingua meta. Tendo en conta esta realidade, paréceme que é moi positivo que se valore o emprego 'comedido' da lingua vehicular neste contexto (en liña coas propostas plurilingües do MCER) polas súas funcións metecognitivas e socioafectivas, xa que, entre outras cousas, facelo facilita a resolución de dúbidas ou explicacións complexas e pode evitar bloqueos no plano afectivo.

    Tampouco pensara na utilidade que pode revestir a actividade do diagrama de Venn para realizar avaliacións diagnósticas, mais, tendo en conta que non require de busca de documentación de ningún tipo, concordo contigo e con Miguel en que é idónea para facerse unha idea do coñecemento de partida do alumnado sobre un tema concreto. Ademais, se engadimos que a posta en común tras estas actividades, como mencionaba Laura, pode ser moi útil como avaliación formativa, decatámonos de que a realización de actividades permítenos obter moitísima información sobre o coñecemento do estudantado, o que en última instancia redunda en que o proceso de aprendizaxe sexa máis bidireccional que unidireccional.


    Un saúdo e moita sorte nas prácticas. Seguimos en contacto!

    ResponderEliminar
  5. Hola, antía!

    En primer lugar, me gustaría agradecerte por tu comentario en mi post y, además, por la realización de una entrada tan interesante. Estoy de acuerdo en que trabajar por grupos ayuda mucho al alumnado en su proceso de aprendizaje, ya que le ayuda a conocer otros puntos de vista, llegar a conclusiones a las que no habría llegado solo y fomentar la competencia social. Además, como también comentas, puede ser beneficioso para el profesorado también.
    Por otra parte, me ha gustado mucho que hayas incluido el cuadro en el que incluimos el repertorio lingüístico en grupo. Es una manera muy práctica de darnos cuenta de la gran cantidad de variantes lingüísticas existen en nuestro entorno (tanto como lengua materna como lengua extranjera), y deberían ser tenidas en cuenta en la enseñanza!
    Un saludo, disfruta de las prácticas!

    ResponderEliminar
  6. Buenas tardes, Antía. En primer lugar, me gustaría felicitarte por tu entrada. Lo cierto es que la encuentro muy completa y creo que resume a la perfección los aspectos teóricos y prácticos vistos en el aula. Concuerdo contigo en que la actividad de análisis del libro de texto resultó muy interesante. En mi caso, que trabajé con la parte de fonética/pronunciación, pude constatar que, lamentablemente, suele brillar por su ausencia en los manuales, quedando relegada a un plano muy residual a pesar de su importancia. Como comentaba en mi entrada y como dijimos en clase, los contenidos fonéticos son esenciales para fomentar la comprensión oral de los alumnos. Si no son capaces de reconocer cómo se pronuncia una palabra no podrán identificarla en un texto oral aunque la conozcan previamente, lo que, sin duda, supone un gran obstáculo para el desarrollo de esta destreza. Es importante hacerle entender a nuestro alumnado que, por ejemplo, en lengua inglesa, y al contrario de lo que acontece en español, no existe una correspondencia entre la pronunciación y la escritura, por lo que este aspecto se revierte de una mayor importancia si cabe. Con todo, es obvio que sigue siendo una “asignatura pendiente” tanto en los manuales de lenguas como en las propias aulas de idiomas, por el motivo que sea.

    Por otro lado, y en lo referente a la actividad de enfoques metodológicos, la cual se mencionaba en tu post y también en los comentarios, encuentro que ha sido muy productiva y que nos ha ayudado a ser conscientes de las variables que pueden influir en nuestra aula a la hora de optar por una u otra metodología. En mi opinión, este aspecto será fundamental en el futuro cuando en nuestras clases no nos encontremos únicamente con alumnos que tengan el español o el gallego como lenguas iniciales, sino con estudiantes de diversas procedencias y con un amplio abanico de primeras lenguas. Asimismo, y tal y como comentaba Paula, concuerdo con ella en que la puesta en común al final de esta tarea resultó muy interesante para tener en cuenta otros puntos de vista y reflexiones diferentes a los nuestros, ya que, en algunas ocasiones, es posible que no estemos contando con otros factores que son igualmente esenciales para la selección de un método u otro. A este respecto, y tal y como comenté brevemente en mi entrada, resultó muy ilustrativo el ejemplo 8 en el que también podrían llegar a influir diversos aspectos relacionados con la colonización y poscolonización que, por lo general, suelen pasar bastante desapercibidos, especialmente cuando se parte de una perspectiva occidental.

    ResponderEliminar
  7. Hola, Antía:

    A mí también me ha gustado la manera en la que has organizado los contenidos de estas clases.
    Coincido contigo en que la actividad final de análisis de libros de texto fue muy ilustrativa para comprobar de manera individual y luego grupal los elementos que estaban y los que no estaban presentes. Concuerdo con Cayetana sobre la falta de fonética a nivel general en los libros de textos, cuando en realidad es uno de los aspectos más esenciales. Donde sí encontré una sección muy interesante es en el manual que actualmente utilizan en el nivel B2.1 de la EOI de Pontevedra, el New English File, que incluye secciones de fonética e incluso un apartado al final del libro donde ejemplifican el sonido con una palabra (por ejemplo la /m/ en monkey) y el fonema está incluido en el dibujo que representa la palabra (la /m/ es el cuerpo del mono dibujado). Esto me pareció un recurso muy útil, en especial para aquellos alumnos que sean aprendan de manera visual.

    ¡Un saludo!

    Carla Ingeian

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Tema 7: diario

Tema 3