Competencias, gramática e vocabulario
Nesta
entada do blog falarei sobre as competencias clave, mencionando cales se poden
traballar durante as sesións de lingua estranxeira, a súa avaliación e os
cambios entre LOE e LOMCE. Posteriormente, tratarei o ensino da gramática e o
vocabulario e os pasos a seguir para a súa introdución nas aulas, tamén farei fincapé no
enfoque comunicativo, a corrección de erros e a tipoloxía.
Comezarei
coa definición que proporciona a LOMCE sobre as competencias: “As capacidades
para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa
educativa, co fin de acadar a realización axeitada de actividades e a
resolución eficaz de problemas complexos”. Aínda que xa expliquei nunha entrada
anterior en que consistía cada competencia, déixovos un listado con todas elas
e enlaces nos que poderedes atopar máis información sobre cada unha delas:
- Comunicación
lingüística (CCL)
- Competencia
matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)
- Competencia
dixital (CD).
- Aprender
a aprender (CAA)
- Competencias
sociais e cívicas (CSC)
- Sentido
de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
- Conciencia
e expresións culturais (CCEC).
Nesta imaxe que deseñei atoparedes as diferenzas entre as competencias básicas da LOE e as
competencias clave da LOMCE:
No
seguinte enlace poderedes consultar que competencias se deben traballar en cada
curso e materia por se fose do voso interese: guía da LOMCE. En
canto ás competencias clave na ESO e Bacharelato para a Lingua Estranxeira,
creei este resumo para que poidades ver con claridade as principais diferenzas.
Non se menciona a CMCCT nin a CSIEE en ningún momento e a CSC introdúcese
a partir de 1ª da ESO:
Para concluír esta primeira parte da entrada centrada
nas competencias gustaríame engadir que nunha mesma actividade se poden
traballar varias á vez e que, malia que a competencia de sentido da iniciativa
e espírito emprendedor (CSIEE) e a competencia matemática e as competencias
básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) non se mencionen no currículo, o certo
é que si que se traballan no ensino de linguas estranxeiras. Unha proba disto
foi a actividade que realizamos para tratar estes contidos, para a cal tivemos
que traballar por parellas e, unha vez máis, eu traballei co meu compañeiro
Juan Cabaleiro.
A cada parella asignóuselle unha competencia e o obxectivo era
deseñar unha actividade para realizar nunha clase de lingua estranxeira na que
se traballase dita competencia. A nós tocounos a competencia de sentido da
iniciativa e espírito emprendedor, xusto unha das que non recolle o currículo.
Elaboramos dúas actividades que servirían para traballar a competencia:
A primeira actividade está pensada para grupos de 4º
da ESO ou Bacharelato, podendo variar a súa dificultade segundo o nivel. O profesorado presentaríalle ao alumnado unha
situación problemática, un exemplo concreto que mencionamos foi que se atopaban
nun país estranxeiro de viaxe e que resultou que o aloxamento era un fraude. O
alumnado deberá decidir de maneira individual como resolvería o problema, para
o que pode empregar un caderno onde anotar a súa idea. Seguidamente, cada
alumno/a terá que explicarlle ao resto do grupo a solución que adoptou e, unha
vez que todas estean presentadas, deberán autoavaliar a súa propia idea,
pensando que cambiarían, se sería a máis sinxela ou eficaz, etc. O último paso
sería unha negociación grupal entre todos/as sobre que opción das que aportaron
lles parece a máis axeitada. Deste xeito, o alumnado terá que resolver un
problema que lle pode acontecer na vida real, ter iniciativa e traballar de
xeito individual, pero tamén negociar cos/coas demais e debater un tema.
A segunda actividade realizaríase con grupos de 1º e
2º de Bacharelato, xa que se procura que teñan un bo nivel da lingua
estranxeira para que se poida levar a cabo de maneira axeitada, e consistiría
nun xogo de rol por parellas. O profesorado aportará certas regras que sirvan
de guía, como a fixación duns roles específicos a cada membro, por exemplo
comerciante-cliente. Un dos principais obxectivos desta actividade
é que sexan creativos, polo que contarán con 15 minutos para a súa preparación
antes da súa representación ante o resto do grupo. A duración dependerá do
ritmo de traballo de cada parella.
En canto ao ensino da gramática, é importante lembrar que un bo
dominio dela permite que as mensaxes sexan máis efectivas e que se comprendan
mellor as mensaxes recibidas. Os erros gramaticais poden influír negativamente
nas interaccións, porén, o enfoque comunicativo dá máis importancia á fluidez e
supón un punto intermedio entre o enfoque indutivo e o dedutivo, de xeito que a
gramática explicada é a necesaria para o contexto comunicativo. Respecto á
corrección de erros, realizaríase de xeito que non se lle lembre e repita ao
alumnado constantemente en que errou, se non que se realiza unha corrección
máis sutil. Por exemplo:
- I see you last week.
- Oh, you saw me last week! Where?
Os pasos para introducir a gramática na aula serían:
- Warm-up: presentar o tema, observar coñecementos previos, nivel,etc.
- Exposición a un texto oral ou escrito que conteña o aspecto gramatical que se vaia traballar.
- Comezo do proceso indutivo.
- Comprobación das respostas: que vaian explicando eles/as a gramática.
- Resolución das dúbidas.
- Os exercicios deben seguir esta orde: guiados - semiguiados – libres (aumentando a dificultade).
Tamén é importante a introdución de actividades motivadoras
como son as cancións, os fragmentos de películas, os xogos de mesa ou as Total
Physical Response activities.
Con respecto ó ensino-aprendizaxe de léxico, inclúense os
seguintes aspectos: a pronunciación, o significado, a ortografía, o uso dentro
da oración, o contexto (formal ou informal) e a pronunciación. Para a
memorización de novo vocabulario é importante a súa repetición e a creación de
asociacións emocionais cos termos, por iso a diversión pode ser unha grande
aliada na aprendizaxe.
Os pasos para a introdución do léxico na aula serían:
- Warm-up.
- Exposición a un texto oral ou escrito no que apareza o vocabulario que se vai traballar.
- Asegurar a comprensión
- Comprobar que se entende o significado e o uso
- Resolución das dúbidas
- Exercicios (guiados - semiguiados - libres) seguindo unha orde de dificultade ascendente.
A presenza de vocabulario descoñecido para o alumnado é inevitábel,
por iso é importante que aprendan a intentar deducir os significados seguindo
diversas estratexias e motivalos para evitar que se frustren.
Para pór en práctica estes contidos tivemos que realizar
tres actividades de gramática e tres de vocabulario. Traballei co mesmo
compañeiro que na actividade anterior, Juan Cabaleiro.
Actividades
vocabulario:
Nivel: 2º ESO
- Introdutoria: choiva de ideas sobre as prendas de roupa que coñecen (10 minutos)
- Guiada: a/o profesor describe unha prenda, introducindo vocabulario novo, e o alumnado debe dicir de cal se trata e facer unha frase con ela. En caso de que un(ha) alumno/a remate antes poderá facer máis oracións. (15 minutos)
- Semi-guiada: deseñar unha tenda por grupos de catro e pór nome tanto ao establecemento, como ao mobiliario. A/o profesor irá polos grupos revisando o traballo, dando consellos e corrixindo. (25 minutos)
- Libre: xogo de rol no que un individuo se fará pasar por dependente e o outro de cliente. Deberán introducir mínimo 10 termos novos que se viran na sesión anterior. (20 minutos: 15 de preparación e 5 para a exposición diante do resto do grupo)
Competencias: lingüística, sentido da iniciativa e espírito
emprendedor, sociais e cívicas.
Actividades gramática:
Nivel: 1º ESO
- Introdutoria: escoitar a canción You don’t own me de Grace para traballar a negación. Tras a escoita, debaterase sobre cal é o tema principal da canción. (15 minutos)
- Guiada: entregaráselle a letra da canción que completarán cos verbos que faltan. (5 minutos)
- Semi-guiada: creación dun título alternativo para a canción seguindo as pautas dadas polo profesor/a: incluír un verbo en forma negativa que garde relación co tema da canción e que non supere as 10 palabras. (10 minutos)
- Libre cada alumno/a terá que cambiar unha estrofa da canción substituíndo os verbos e os substantivos. Despois xuntaranse por orde e crearanse unhas tres cancións diferentes dependo do número de alumnos/as do grupo. Por último, leranse en alto as cancións obtidas (20 minutos)
Competencias: lingüística, social e cívica, sentido da iniciativa
e espírito emprendedor.
Como conclusión a esta entrada gustaríame lembrar a relevancia das
competencias clave no actual sistema educativo. Na miña opinión, supoñen un afastamento
do sistema tradicional e a posibilidade de integrar contidos actuais e de máis
interese para o alumnado que lles poidan servir para a vida real e a solución
de conflitos. Ademais, considerei moi interesante tratar o ensino da gramática
e o vocabulario, xa que van ser dous puntos moi presentes nas aulas de lingua
estranxeira que impartirei nun futuro.
Espero que vos gustase a entrada!
Un saúdo.
Ola Antía,
ResponderEliminarEn primeiro lugar gustaríame felicitarte pola túa entrada. O certo e que tratas todos os contidos mencionados na aula dun xeito moi conciso e clarificador. Tras ler a túa entrada non queda nin un atisbo de dúbida en ningún dos contidos.
Por outro lado, creo que as túas reflexións son moi interesantes e estou de acordo con todas elas. Porén, gustaríame destacar sobre todo as actividades que propuxeches xunto con Juan. O certo é que no ámbito das compentecias estas parécenme excelentes, pois son situacións moi próximas á realidade que lle poden ocorrer en calquer momento ao alumnado e cuxa introdución na aula sería moi enriquecedora tanto no ámbito da lingua coma no ámbito de preparación para a vida.
No relativo as actividades de gramática e vocabulario, dende o meu punto de vista están excelentemente plantexadas tamén e creo que é de enorme axuda que presentaras primeiro o esquema e despois as actividades en sí mesmas.
Un saúdo.
Yaiza Canedo Alonso
Grazas polos teus comentarios Yaiza,
EliminarUn saúdo,
Úrsula.
Ola Antía!
ResponderEliminarPenso que levaches a cabo unha entrada xenial e moi completa sobre as competencias clave. Ademais as actividades que plantexastedes ti e mais Juan sobre a competencia clave que vos tocou para o exercicio semellan moi interesantes.
En canto ó ensino de gramática e vocabulario, de novo, fas unha descrición moi detallada e concisa do procedemento mais eficaz. Á vez as actividades de gramática e vocabulario que plantexastedes tamén están moi ben detalladas e ideadas.
Moi bo traballo en xeral.
Un saúdo.
Manuel Bea Pintos.
Grazas polos teus comentarios Manuel,
EliminarUn saúdo,
Úrsula.
Bos días, Antía:
ResponderEliminarMoitas grazas pola túa entrada. Resultoume moi clara a ilustración que deseñaches para poder comparar as competencias básicas e as competencias clave, e tamén a referida as competencias clave que se tratan en función dos cursos.
En canto ás actividades, como ben dis, a que realizastes sobre como traballar o espírito emprendedor é moi interesante, xa que se trata dunha situación realista coa que o alumnado pode empatizar, o que aumenta a motivación. Amais, implica que realicen tarefas individuais, pero tamén de negociación co resto do grupo-aula.
Gustoume particularmente a canción que escollestes para a elaboración das actividades de gramática para primeiro da ESO. Como comentas, con esta canción trátanse, ademais da competencia lingüística, outras coma a social e cívica, pero sobre todo aborda a cuestión das relacións afectivo-sexuais igualitarias. É interesante que comecedes deixándolles un espazo para debater e identificar o tema da canción para que se poidan expresar libremente, o que permite tamén facer unha avaliación diagnóstica de cales son as súas posturas ao respecto.
Ademais, subscribo coa túa conclusión: as competencias son clave precisamente porque permiten conceptualizar a educación dunha maneira integral vinculada a temáticas que revisten maior interese para o alumnado.
Graciñas de novo e bo día!
Grazas polos teus comentarios Antía,
EliminarUn saúdo,
Úrsula.
Ola Antía,
ResponderEliminarGrazas pola túa entrada e as túas ideas.
Engado algún comentarios a continuación:
Gústame que engadises fotos resumen, pero se o que facemos e copiar unha das mías diapositivas deberías de mencionar de onde o sacaches porque na foto parece que é autoría túa.
No relativo a nosa contribución coas competencias claves, só comentas a competencia coa que vos tocou traballar en clase, non todas. A tarefa consistía en comentar todas, xa que iso é o que terás que facer se te presentas as oposicións por secundaria. Lembra tamén que cando deseñamos unha actividade debemos ter claro para que nivel a deseñamos xa que senón debería haber variacións.
Cando mencionas os pasos para introducir a gramática, o punto 6 non é un paso, tal e como vos comentei en clase, hai que ter en conta que as actividades deben ir de máis controladas a menos controladas ou máis abertas. Isto sucede dende a actividade unha.
No relativo ás actividades de vocabulario, na actividade guiada, pides que o alumnado faga frases. Váiselles pedir algunha estrutura en concreto? Ímoslles dar modelos? Isto é importante porque en teoría estaríamos en las actividades guiadas.
Na actividade semiguiada, engades vocabulario novo en vez de traballar coa roupa (dis de traballar cos tipos de tendas e mobiliario). Lembra que deberiamos de seguir traballando o mesmo léxico.
Na actividade libre pídeslles facer un xogo de rol. Teñen algún modelo? Fixeron un listening onde teñen un exemplo dentro das actividades semiguiadas?
As competencias deberían estar ao carón das actividades nas que se traballan. Outros puntos a ter en conta son: participa o/a auxiliar? Facemos algunha adaptación para o alumnado con necesidades de aprendizaxe? Tampouco mencionaches a temporalización, o que é importante para saber o número de sesións, o trimestre, etc.
Nas actividades de gramática, propós escoitar unha canción en 1º ESO e que o alumnado debata sobre o tema. Quizá iso é demasiado esperar para 1º ESO, especialmente se non é unha tarefa do último trimestre. Se non lles damos parte da canción escrita pódelles resultar difícil entender todo. Ademais, os debates son actividades abertas, son as últimas actividades da unidade didáctica, non a primeira, na que temos que proveer ao alumnado coas estruturas necesarias para poder realizar as actividades abertas a posteriori. Despois desta actividade aberta, pasas a unha controlada dándolles a canción. Eu daríalles a canción para cubrir e despois preguntaríalles o tema, para ver se realmente entenderon a temática.
Na actividade libre que vocabulario estarían traballando en clase? Xeralmente o vocabulario e a gramática da unidade didáctica van entrelazados.
Grazas polo teu traballo e ideas,
Un saúdo,
Úrsula.
Boas, Antía!
ResponderEliminarEn primeiro lugar, gustaríame agradecerche a realización desta entrada tan sinxela de ler. Gústame especialmente que sexan tan visualmente atractivas e que sempre inclúas contidos da túa propia creación. En canto ó contido da mesma, sabes que as actividades parécenme moi interesantes (por facelas xuntos), e gústame ver as túas opinións sobre as mesmas. Por último, quería comentar que gustoume que fixeras fincapé nas distintas competencias, especialmente que algunhas delas non son mencionadas no currículo.
Desfruta das prácticas do mestrado! Un saúdo
Ola! Primeiro de todo gustaríame felicitarche pola claridade da túa entrada. Tal e como está distribuída resulta moi sinxela de ler e, ademais, as imaxes que escolliches resumen moi ben os aspectos tratados ós que se refiren. As actividades que inclúes nesta entrada parécenme moi interesantes para realizar nun aula e que resultarían moi positivas para o alumnado. Tamén me parece moi interesante que incluiras como introducir a gramática, por exemplo. Creo que é un tema que non gusta moito nas aulas mais ás veces é por como se trata. Se se fixera dun modo adecuado habería outra aceptación.
ResponderEliminarUn saúdo!