Tema 1
Tema 1: O ensino de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico. Benvidas/os a esta nova entrada! Nesta primeira unidade centrareime nos aspectos que máis me chamaron a atención e que considero máis relevantes para o meu futuro como docente dunha lingua estranxeira. En primeiro lugar, o máis destacable é a cantidade de cambios no sistema educativo que aconteceron ao longo da historia, motivados moitas veces tan só por razóns políticas. O motivo polo que decidín que este sería o primeiro aspecto a tratar nesta entrada é porque continua sendo un problema actual que ten repercusións nun ámbito tan importante como é a educación, polo que toda a poboación se ve afectada, tanto o colectivo de profesorado como o de alumnado. Daquela cómpre facer referencia ás múltiples modificacións que pouco ou nada teñen que ver coa mellora da calidade do sistema, por exemplo, a supresión das materias de inglés, alemán e italiano a través do plan de transición de 1932, ou