Tema 5: diario
Benvidas/os a esta nova entrada do blogue!
O tema que vou tratar hoxe é o deseño curricular que, malia
non soar moi divertido, ten unha grande relevancia para coñecer as diferentes
partes que constitúen o currículo e tamén á hora de entender a estrutura e a
responsabilidade das diferentes institucións que compoñen o sistema educativo.
En primeiro lugar, definimos currículo como a regulación dos
elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das
ensinanzas.
Os elementos do currículo da ESO e bacharelato verédelos na
seguinte imaxe que creei:
Un dos elementos básicos do currículo son as competencias
clave:
1.
Comunicación
lingüística
2.
Competencia
matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
3.
Competencia
dixital.
4.
Aprender
a aprender
5.
Competencias
sociais e cívicas
6.
Sentido
de iniciativa e espírito emprendedor
7.
Conciencia
e expresións culturais
No seguinte enlace poderedes obter máis información sobre
cada unha delas: http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/competencias-clave.html
En canto aos graos de concreción curricular, diferéncianse
catro principais:
- O Goberno do Estado é quen determina os contidos comúns, os estándares de aprendizaxe avaliábeis, o horario lectivo mínimo do bloque de disciplinas troncais e específicas, tamén os criterios de avaliación do logro dos obxectivos e do grao de adquisición das competencias que se corresponden.
- O Ministerio de Educación determina os criterios de avaliación final do logro dos obxectivos e do grao de adquisición das competencias correspondentes, pero neste caso só os que gardan relación cos contidos dos bloques de disciplinas troncais e específicas. Tamén se encarga das probas de avaliación final de secundaria e bacharelato e de deseñar as probas e establecer o seu contido.
- O Goberno Autónomo o cal se centra en características e factores específicos de cada comunidade, complementa os contidos do bloque de disciplinas troncais, os criterios de avaliación relativos aos bloques de disciplinas troncais e específicas, establece os contidos dos bloques de disciplinas específicas e de libre configuración autonómica, xunto cos criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis destas últimas. Por outra banda, realiza recomendacións de metodoloxía didáctica para os centros educativos que están na súa competencia e fixa o horario lectivo máximo correspondente aos contidos das materias do bloque de disciplinas troncais, específicas e de libre configuración.
- Os centros docentes complementan os contidos dos bloques de disciplinas troncais, específicas e de libre configuración autonómica e configuran a súa oferta educativa, deseñan e implantan métodos pedagóxicos e didácticos propios, ademais de determinar a carga horaria das diferentes disciplinas.
Adxúntovos un pequeno infograma que creei como breve resumo:
Xa que este blogue estará centrado nas linguas estranxeiras
dentro da educación, neste último apartado falarei do trato que reciben dentro
do currículo da ESO e Bacharelato.
Para comezar debemos diferenciar entre primeira lingua
estranxeira e segunda lingua estranxeira, xa que unha conta con máis horas
obrigatorias e tamén de distribúen de xeito distinto a longo dos ciclos.
Na ESO a primeira lingua estranxeira conta con tres horas obrigatorias á semana en 1º, 2º e 3º, tamén en 4º, onde distinguimos dúas opcións: a de ensinanzas académicas para iniciación ao bacharelato e a de ensinanzas aplicadas para a iniciación á formación profesional. Pola súa parte, a segunda lingua estranxeira conta con dúas horas obrigatorias á semana en 1º e 2º, dúas horas en 3º e tres en 4º, pero nestes dous últimos cursos pasa a ser optativa.
Na ESO a primeira lingua estranxeira conta con tres horas obrigatorias á semana en 1º, 2º e 3º, tamén en 4º, onde distinguimos dúas opcións: a de ensinanzas académicas para iniciación ao bacharelato e a de ensinanzas aplicadas para a iniciación á formación profesional. Pola súa parte, a segunda lingua estranxeira conta con dúas horas obrigatorias á semana en 1º e 2º, dúas horas en 3º e tres en 4º, pero nestes dous últimos cursos pasa a ser optativa.
No Bacharelato, a primeira lingua estranxeira conta con tres
horas obrigatorias en tódalas modalidades, mentres que a segunda lingua é
optativa e conta con dúas horas en 1º e tres horas en 2º.
En canto á formación profesional, na fp básica a lingua
estranxeira impártese no módulo de Comunicación e Sociedade e conta con 59
horas no primeiro curso e 34 no segundo. Esta materia ten como referente o
currículo da ESO e o obxectivo é desenvolver habilidades lingüísticas básicas
en lingua estranxeira para comunicarse de xeito oral e escrito en situacións
habituais e predecíbeis da vida cotiá e profesional.
Nos ciclos de grao medio e superior, a lingua estranxeira
está limitada a un pequeno grupo no que se considera importante a súa presenza
e adáptase ás características profesionais de cada ciclo.
Por último, respecto
ao trato das linguas estranxeiras no currículo das ensinanzas de idiomas de
réxime especial, hai que dicir que estas se imparten nas Escolas Oficiais de
Idiomas seguindo unha modalidade presencial ou a distancia. Están organizadas
en tres niveis: o básico (A1 e A2), intermedio (B1 e B2) e avanzado (C1 e
C2). A oferta de linguas é variada,
centrándose sobre todo nas dos Estados que pertencen á Unión Europea, nas
linguas cooficiais do Estado, o español como lingua estranxeira e outras
linguas cun interese especial por razóns sociais, económicas ou culturais.
Como conclusión quero engadir que os elementos curriculares
teñen unha grande importancia tanto para o profesorado, como para o alumnado e
os seus pais, nais ou titores/as, xa que son a base da nosa educación, os
piares fundamentais desde os que se comeza a construír. No relativo á presenza
das linguas estranxeiras, considero que a relevancia que se lle outorga na
formación profesional é mínima, os contidos deberían estar máis adaptados aos
ciclos de xeito que as linguas conformen unha ferramenta útil para o futuro
profesional do alumnado.
Aquí remata a entrada de hoxe, atoparedes información
complementaria e as actividades realizadas relacionadas con estes contidos no
dossier correspondente.
Un saúdo!
¡Hola Antía!
ResponderEliminarQuería felicitarte por tu blog y decirte que me ha gustado mucho esta entrada. Has explicado muy correcta y claramente un tema que, en mi opinión, no es fácil de explicar y me has ayudado a aclarar algunas ideas que todavía no comprendía del todo bien, además de ser una entrada visualmente muy atractiva. Enhorabuena!
Un saludo
Ola, Antía! En primeiro lugar darche os meus parabéns polo resumo que realizaches do tema, serviume para aumentar todos aqueles coñecementos que me quedaran pouco asentados e, ademais, para botar un ollo á estructuración da entrada, xa que me parece de moita utilidade a separación por puntos ou a enumeración para que toda a información quede máis clara e sexa máis doada de comprender. Boa idea, sigue así! Un saúdo.
ResponderEliminar