Multiculturalidade Boas a todas e todos! Neste tema tratamos contidos moi diversos que podemos dividir en dúas seccións. Unha primeira sección comprende os contidos relacionados coas titorías e o uso de linguas estranxeiras nas actividades de titoría, coas habilidades para a vida ou lifeskills, coas medidas de atención á diversidade e os PMAR. Na segunda sección, comentamos o papel das/os auxiliares de conversa, así como os programas AICLE/CLIL. Comezarei tratando o contido sobre as titorías , as cales deben ter unha función orientadora, asesorando ao alumnado durante o período escolar. Resultoume de grande interese coñecer máis aspectos sobre elas, xa que considero que poden ter moita importancia na educación ao ter a oportunidade de tratar por unha banda temas educativos, como son as técnicas de estudo, faltas de asistencia, saídas profesionais, etc., axudando ao alumnado a coñecerse mellor a si mesmo, a aproveitar o tempo de traballo e estudo adaptándoo ás súa...
Comentarios
Publicar un comentario