Tema 2


Tema 2: O Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

Boas a todas e todos!

Na entrada de hoxe vouvos falar sobre o Marco Común Europeo de Referencia  (MCER) para as linguas. Para aqueles/as que non lles soe, o MCER ten como obxectivo definir os niveis de dominio dunha lingua para así comprobar a evolución do alumnado durante as distintas fases de aprendizaxe, describindo os obxectivos, os contidos e a metodoloxía dos programas explicitamente. A idea principal é conseguir unha unidade e mobilidade maior entre os membros da Unión Europea, neste caso mediante a aprendizaxe de linguas, para o que se establecen unha serie de medidas como: apoiar os esforzos realizados polo profesorado e o alumnado co fin de aplicar os factores de construción de sistemas de aprendizaxe de linguas tendo en conta a súa propia situación ou fomentar o desenvolvemento de programas que faciliten a introdución dos métodos e materiais máis axeitados para que o alumnado adquira a competencia comunicativa apropiada ás súas necesidades específicas. É dicir, o marco de referencia facilitará a cooperación entre as institucións educativas dos diferentes países, o recoñecemento de certificados internacionalmente e axuda a tódolos membros involucrados no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas a coordinar os seus esforzos.

Os programas de aprendizaxe planifícanse en base ao coñecemento previo e facilitando o acceso aos futuros niveis educativos, aos obxectivos que se teñen que acadar e ao contido que se trata en cada etapa educativa. Pola súa parte, os certificados de linguas planifícanse segundo a descrición dos contidos de cada proba e o establecemento dos contidos de avaliación.

O MCER ten que cumprir os seguintes criterios: ser integrador, transparente e coherente, cunha finalidade múltiple aplicable á variedade de fins dentro da aprendizaxe de idiomas. Ademais de ser flexible e aberto, permitindo unha avaliación continua, un uso doado para calquera usuario e non debe impor un sistema de ensinanza-aprendizaxe único.  Os niveis comúns de referencia defínense nun cadro conceptual e as escalas que aparecen están libres de contexto para poder xeneralizar os resultados. Co fin de medir o dominio da lingua téñense en conta a dimensión horizontal, baseadas nos parámetros de actividade e competencia comunicativa do alumnado, e a dimensión vertical, a cal establece unha serie de niveis , seis concretamente, para describir o dominio que ten o alumnado da lingua. Co establecemento de obxectivos dentro de cada nivel asegurámonos de que a aprendizaxe proporcione unha continuidade e progresión, polo que os materiais deben gardar relación entre si. Deixo a vosa disposición esta táboa de autoavaliación segundo os niveis europeos.



En canto á descrición dos diferentes niveis do MCER, distinguimos tres categorías: actividades comunicativas, describen o que pode facer quen emprega a lingua en canto á comprensión, interacción e expresión, estratexias, é dicir, o que alguén pode facer en relación ás estratexias que se usan en actividades comunicativas, e competencias, as cales describen os aspectos da competencia lingüística, pragmática e sociolingüística.

O MCER supón o desenvolvemento dunhas competencias xerais e comunicativas lingüísticas. As competencias xerais están relacionadas con accións de todo tipo, mentres que as comunicativas dannos a posibilidade de actuar usando medios lingüísticos. Falarei máis de ambos tipos na entrada do próximo tema. Polo de agora, teño que engadir que o contexto no que teñen lugar os actos comunicativos, así como os temas, é dicir, os asuntos que tratamos, a conversa ou a redacción, son factores a ter en conta, ao igual que as tarefas ou propósitos comunicativos, as actividades da lingua e estratexias. As tarefas consisten en calquera acción intencionada levada a cabo para satisfacer necesidades nunha situación, as actividades son exercicios sobre a competencia lingüística comunicativa dentro dun ámbito concreto  (comprensión, expresión, interacción e mediación), e as estratexias son as técnicas que usa a persoa que está aprendendo a lingua para mobilizar os seus recursos e satisfacer demandas comunicativas e así completar unha tarefa do mellor xeito posible.

Considero positivo o obxectivo do MCER de crear uns niveis de dominio de linguas internacionais para facilitar o recoñecemento de certificados entre os países que forman parte da comunidade, tamén que a idea sexa ter en conta a identidade e a diversidade cultural, non só a lingua, pero para que o proxecto funcione requírese unha boa cooperación e traballo entre tódalas identidades, tamén un grande esforzo pola súa parte. A idea de proporcionar unha base para todo o profesorado relacionado co ensino de linguas vencendo as diferenzas existentes entre os distintos sistemas educativos de Europa é bastante ambiciosa. Na actualidade seguen existindo dificultades á hora de aceptar certos certificados que proban a adquisición do nivel de dominio dunha lingua por parte dalgunhas institucións, malia haber uns obxectivos xerais e uns contidos establecidos.
Podedes atopar máis información sobre o MCR no seguinte enlace por se fose do voso interese:

Espero que vos gustase a entrada!

Un saúdo


Comentarios

  1. Hola Antia ,
    me ha gustado mucho tu entrada ya que el MCER me resulta muy interesante. Hasta que empecé a cursar este Máster ignoraba su existencia. Considero que es fundamental un organismo de estas características que gestione el nivel que tenemos en una lengua y por tanto es muy positivo. Por otro lado y mencionando algún tipo de crítica diría que tal vez puede no ser muy ecuánime. Considerando la diversidad europea puede ser algo pretencioso juzgarnos a todos por igual sin tener en consideración las características contextuales de cada país. Enhorabuena y hasta pronto!!!!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras

Tema 7: diario

Tema 3