Tema 4

Tema 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias

Ola a todas e todos! Nesta nova entrada falarei das competencias específicas, transversais e complementarias no Marco Común Europeo de Referencia (MCER) e dentro do sistema educativo español (LOMCE).
O MCER presenta un enfoque orientado á acción e establece o seguinte: “Con el fin de realizar las tareas y las actividades que se requieren para abordar las situaciones comunicativas (…), los usuarios y los alumnos utilizan varias competencias desarrolladas en el curso de su experiencia previa”. Polo tanto, as competencias que adquirimos como axentes sociais sonnos de grande axuda na realización actividades comunicativas. Podemos distinguir entre competencias xerais, que non gardan unha relación directa coa lingua, pero que poden servir para accións de todo tipo, e competencias comunicativas da lingua, as cales nos permiten actuar empregando medios lingüísticos. Na seguinte imaxe que creei tedes o esquema coas competencias xerais:





Agora centrareime nas comunicativas, é dicir, esas competencias específicas que están relacionadas coa lingua dun xeito máis directo. En primeiro lugar hai que distinguir tres grupos: competencias lingüísticas , competencias sociolingüísticas e competencias pragmáticas. En canto ao primeiro grupo, o MCER fai referencia a diversas categorías que axudan a describir o contido lingüístico: competencia léxica, gramatical, semántica, fonolóxica, ortográfica e ortoépica.
- Léxica: definida como o “coñecemento do vocabulario dunha lingua e a capacidade para empregalo”. Entre os elementos léxicos atopamos a polisemia e expresións feitas que inclúen: fórmulas fixas (refráns, arcaísmos, proverbios...), modismos (metáforas lexicalizadas, intensificadores, ponderativos ou epítetos), estruturas fixas, réxime semántico (expresións compostas por verbas que adoitan ir xuntas) ou outras frases feitas (verbos con réxime preposicional, locucións prepositivas...).
- Gramatical: “coñecemento dos recursos gramaticais dunha lingua e a capacidade para empregalos”. Nesta competencia distinguimos elementos (morfemas, raíces...), categorías (número, caso, xénero, presente/futuro,...), clases (conxugacións, declinacións...), estruturas (sintagmas nominais/verbais, subordinadas, coordinadas...), procesos descritivos (flexión, substantivación...) e relacións (concordancia...). A morfoloxía e a sintaxe tamén están ligadas a esta competencia, xa que se encargan da organización interna das palabras e da organización destas en forma de oracións.
- Semántica: “cociencia e control da organización de significado por parte do alumnado. O MCER distingue entre léxica, ligada ao significado das palabras, gramatical, relacionada co significado dos elementos, categorías, estruturas e procesos gramaticais, e pragmática, que trata o significado de relacións lóxicas.
- Fonolóxica: “supón o coñecemento da destreza na percepción e a produción” de: fonemas, alófonos, rasgos fonéticos que distinguen fonemas, a composición fonética de palabras, a prosodia, a redución fonética (asimilación, elisión...).
- Ortográfica: “coñecemento e destreza na percepción e a produción dos símbolos que compoñen os textos escritos”. No caso das linguas europeas referímonos ao principio alfabético, polo que o alumnado debería tanto percibir como producir formas das letras, ortografía axeitada, signos de puntuación, etc.
- Ortoépica: “capacidade de articular unha pronuncia correcta partindo da forma escrita”.

A competencia sociolingüística está relacionada coa competencia xeral sobre o coñecemento sociocultural sobre o que poderedes saber máis neste pequeno vídeo:

 

Que elementos forman parte desta competencia? Os marcadores lingüísticos de relacións sociais, como pode ser a elección das formas de tratamento ou de interxeccións, tamén as normas de cortesía, xa sexa positiva ou negativa, as expresións de sabedoría popular, diferenzas de rexistro ou dialectos e acentos.
A competencia pragmática, é dicir, “o coñecemento que alguén posúe dos principios segundo os cales as mensaxes se organizan e ordenan, se utilizan para realizar funcións comunicativas e se secuencian segundo esquemas de interacción e de transacción”. Dentro dela distinguimos á súa vez entre competencia discursiva, que é a capacidade para ordenar oracións en secuencias que permitan a produción de partes coherentes da lingua meta, e a competencia funcional, que consiste na utilización do discurso oral e de textos escritos na comunicación cun fin funcional específico. Dentro da competencia funcional o MCER fala de esquemas de interacción, isto é, dos esquemas da comunicación e a capacidade de usalos, de macrofuncións e microfuncións, as primeiras fan referencia a categorías que consisten nunha secuencia de oracións e as segundas a categorías de enunciados illados para o seu uso funcional. No seguinte vídeo tedes unha explicación breve desta competencia:

 

Como futura docente no ámbito das linguas estranxeiras considero relevante o coñecemento destas competencias e o seu papel nos distintos niveis de aprendizaxe, xa que poden axudar tanto na selección de contidos como na súa posta en práctica. Por outra banda, podemos orientar as actividades, tarefas e proxectos que queiramos realizar cara as competencias que consideremos necesario traballar, adaptándonos sempre ás características e capacidades do alumnado para que o proceso de ensinanza-aprendizaxe funcione axeitadamente e se adecúe o mellor posible ao grupo

Espero que vos gustase a entrada e lle botedes un ollo ás demais!
Un saúdo.

Comentarios

  1. ¡Hola, Antía! Antes de nada, me gustaría felicitarte por esta entrada, especialmente por la creación de la imagen con el esquema de las competencias, me ha parecido muy informativo y claro. En cuanto a lo que comentas, estoy de acuerdo en que es esencial el conocimiento de estas competencias para poder realizar una mejor labor docente, ya que si no las tenemos en cuenta es probable que no valoremos o introduzcamos aspectos importantes en nuestras clases.
    ¡Disfruta de las fiestas!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras

Tema 7: diario

Tema 3