Publicacións

Competencias, gramática e vocabulario

Imaxe
Competencias clave e actividades de gramática e vocabulario Ola a todas e todos! Nesta entada do blog falarei sobre as competencias clave, mencionando cales se poden traballar durante as sesións de lingua estranxeira,  a súa avaliación e os cambios entre LOE e LOMCE. Posteriormente, tratarei o ensino da gramática e o vocabulario e os pasos a seguir para a súa introdución nas aulas, tamén farei fincapé no enfoque comunicativo, a corrección de erros e a tipoloxía. Comezarei coa definición que proporciona a LOMCE sobre as competencias: “As capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de acadar a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”. Aínda que xa expliquei nunha entrada anterior en que consistía cada competencia, déixovos un listado con todas elas e enlaces nos que poderedes atopar máis información sobre cada unha delas: Comunicación lingüística (CCL) Comp

Multiculturalidade

Imaxe
Multiculturalidade Boas a todas e todos! Neste tema tratamos contidos moi diversos que podemos dividir en dúas seccións. Unha primeira sección comprende os contidos relacionados coas titorías e o uso de linguas estranxeiras nas actividades de titoría, coas habilidades para a vida ou lifeskills, coas medidas de atención á diversidade e os PMAR. Na segunda sección, comentamos o papel das/os auxiliares de conversa, así como os programas AICLE/CLIL. Comezarei tratando o contido sobre as titorías , as cales deben ter unha función orientadora, asesorando ao alumnado durante o período escolar. Resultoume de grande interese coñecer máis aspectos sobre elas, xa que considero que poden ter moita importancia na educación ao ter a oportunidade de tratar por unha banda temas educativos, como son as técnicas de estudo, faltas de asistencia, saídas profesionais, etc., axudando ao alumnado a coñecerse mellor a si mesmo, a aproveitar o tempo de traballo e estudo adaptándoo ás súa

Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras

Imaxe
Situacións e variábeis no ensino de linguas estranxeiras Boas, compañeiras e compañeiros! Esta nova entrada está centrada nas situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras (contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces).  O primeiro contacto con este novo tema realizámolo a través dunha primeira actividade na que tivemos que realizar un diagrama de Venn. Unha metade do diagrama tiña que conter as características dunha lingua estranxeira, a outra as da lingua materna e no medio os trazos comúns entre ámbalas dúas. Traballamos por grupos de cinco e, ao finalizar, fixemos unha posta en común entre todo o alumnado. Creo que este tipo de actividades serven para que o/a profesor/a saiba cal é o grao de coñecemento por parte do alumnado sobre os contidos que se van impartir, así mesmo, o propio alumnado observa que aspectos ten máis claros e en cales dubida. Realizar a actividade por grupos tamén supón unha boa

Estratexias de comunicación

Imaxe
Tema 5: Estratexias de comunicación Ola a todas/os! Nesta nova entrada vou falar e compartir as miñas reflexións   sobre algúns dos contidos que tratamos na materia de Didáctica das Linguas Estranxeiras con Cristina: os catro modos de comunicación (comprensión, expresión, interacción e mediación), as actividades de expresión, interacción e mediación tanto oral como escrita e a elaboración e uso dunha rúbrica para avaliar a comprensión oral e escrita. O primeiro achegamento aos contidos deste tema foi a través dunha actividade na que tivemos que definir por grupos os seguintes termos: mediación, plurilingüismo, o enfoque orientado á acción e a co-construción do significado, ademais de falar do noso perfil plurilingüe e de dar a nosa opinión sobre empregar outras linguas nunha clase de inglés. A continuación, fixemos unha posta en común comparando e debatendo sobre as diferentes opcións. Pareceume un bo xeito de comezar o temario xa que, por unha parte, permitiu á docente o

Tema 7: dossier

Imaxe
Tema 7: dossier Ola a todas/os! Nesta nova entrada vou comentar as actividades que realizamos na aula sobre o tema 7, o cal trata a metodoloxía AICLE/CLIL, e tamén falarei das presentacións feitas polas miñas compañeiras e compañeiros sobre contidos do tema 8. En primeiro lugar, comezamos cun debate sobre a metodoloxía CLIL, sobre a cal falei na entrada de diario correspondente a este tema. O debate foi un modo de achegarnos ao contido que permitiu a aparición de novas dúbidas e interese. A continuación, dividímonos en cinco grupos e cada un tiña que procurar información sobre un aspecto relacionado coa metodoloxía CLIL: o marco europeo para a educación do profesorado CLIL, as sínteses e conclusións sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto escolar europeo, as cinco dimensións de Marsh, a andamiaxe ou scaffolding no CLIL e o deseño do currículo integrado CLIL. Este último punto foi o que se lle asignou ao grupo do que formei parte. Para comez

Tema 7: diario

Imaxe
Tema 7: Metodoloxía CLIL/AICLE Boas a todas e todos! Na entrada de hoxe vouvos falar da metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning), denominada AICLE en galego (Aprendizaxe Integrada de Contidos   e Lingua Estranxeira).   Esta metodoloxía foi adoptada en 1994 en Europa co obxectivo de identificar boas prácticas e resultados relacionados con métodos que integraban linguas nos contidos doutras áreas, é dicir, algunhas materias ensínanse a través dunha lingua estranxeira para traballar tanto a aprendizaxe de contidos como a aprendizaxe doutra lingua de xeito simultáneo. Podemos distinguir tres principios metodolóxicos no CLIL, o primeiro é que se usa a lingua para aprender contido da área, pero tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar. En segundo lugar, a materia que se estuda é a que determina o tipo de lingua que se precisa aprender, polo que as estruturas, o vocabulario específico e as destrezas lingüísticas estarán determinadas pola materia

Tema 3

Imaxe
Tema 3: O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais. Ola! Na entrada deste tema voume centrar nas destrezas e nos usuarios involucrados no proceso de ensino-aprendizaxe: Autoridades educativas: adoitan concentrarse en especificar os obxectivos de aprendizaxe. Usuarios relacionados cos exames e cualificacións: considerar que parámetros son relevantes para cada cualificación e nivel esixido, tomar decisións sobre as tarefas e actividades, os temas que teñen que incluír   os exames. Autores de manuais e responsables do deseño de cursos: toman decisións concretas relativas á selección e ordenación dos textos, as actividades, o vocabulario e a gramática que se presenta ao alumnado. Profesorado: respectar as orientacións oficiais, utilizar manuais e materiais didácticos elaborar e levar a cabo probas, preparar ao alumnado para esas probas/exames, realizar seguimento do progreso do alumnado, comprender a variedade de procesos de