Tema 7: diario
Tema 7: Metodoloxía CLIL/AICLE Boas a todas e todos! Na entrada de hoxe vouvos falar da metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning), denominada AICLE en galego (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Estranxeira). Esta metodoloxía foi adoptada en 1994 en Europa co obxectivo de identificar boas prácticas e resultados relacionados con métodos que integraban linguas nos contidos doutras áreas, é dicir, algunhas materias ensínanse a través dunha lingua estranxeira para traballar tanto a aprendizaxe de contidos como a aprendizaxe doutra lingua de xeito simultáneo. Podemos distinguir tres principios metodolóxicos no CLIL, o primeiro é que se usa a lingua para aprender contido da área, pero tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar. En segundo lugar, a materia que se estuda é a que determina o tipo de lingua que se precisa aprender, polo que as estruturas, o vocabulario específico e as destrezas lingüísticas estarán determinadas pola materia